Benvidos ao colexio Madre de Dios

Colexio Madre de Dios


Sobrado do Bispo

Ourense

Carta de presentacion

Hai máis de 75 anos que o noso colexio foi creado cuns obxectivos marcados pola formación do noso alumnado, orientado na actualidade á preparación para a educación secundaria e, porqué non dicilo, asentar o baseamento para a vida universitaria dende o coñecemento dos idiomas e o desenvolvemento de valores cristiáns e humanos.
O presente e o futuro impoñen novos retos que dean resposta ao mundo globalizado no que estamos inseridos. Así, a innovación, a creatividade, a ciencia, a cultura e o ocio dixital obrígannos a desenvolver novas experiencias baseadas nas TIC, baseadas en novos proxectos multidisciplinares, en abordar dun xeito práctico e eficaz, non só "ensinar competencias", senón e sobre todo que o noso alumnado "aprenda a ser competente" en todos os retos que deban superar no seu devir persoal e profesional.
Resumir en poucas palabras a complexidade e riqueza do colexio "Madre de Dios" é especialmente difícil porque se algo non se pode explicar dun xeito doado é o factor humano ou, o que ven a ser o mesmo, a valía do noso equipo de profesionais.
O noso vencello con cada estudante e a preocupación polo seu futuro son algunhas das chaves da educación dos nosos alumnos e alumnas. Todos reciben unha formación académica sólida, sen esquecer o espírito crítico ou o comportamento social.
Se esta é a túa elección informámoste de que no mes de marzo se abre o prazo para solicitar a admisión nos centros educativos sostidos con fondos públicos (centros públicos ou concertados), polo que terás que encher unha Folla de Admisión (chamada Anexo II) e entregala no centro para que o/os teu/teus fillo/fillos continúe/n ou comece/n os seus estudos.
Agradecendo fondamente o teu interese por coñecernos recibe unha agarimosa aperta,
O equipo directivo,





Copyright 2012 - Esclavas de la Santísima Eucaristía y de la Madre de Dios